sábado, 25 de octubre de 2014

Curso 2014/2015 Experimentando co GPS e a telefonía móbil/Experimentando con el GPS y la telefonía móvil. Este curso plantexámonos, como obxectivo final, aprender a manexar o GPS e as funcións dos nosos teléfonos móbiles, para orientarnos, e localizar obxectos na nosa contorna... Entre as tarefas plantexadas está a creación dun GEOCACHING na contorna exterior próxima do IES Valadares e, por en práctica os nosos coñecementos, localizando algún elemento dos agoschados no Concello de Vigo ou Gondomar. Actividades para os meses de outubro e novembro: 1.- Crear grupos de tres alumnos/as. 2.- Investigar que son os Geocaching (acceso as dúas páxinas referidas no parágrafo anterior). 3.- Localizar en Google Maps, os seguintes elementos (cumplimentar a ficha correspondente a cada un deles): A casa de cada un dos membros do grupo; Libreville, Guggemheim (2), Arco de Tito, Muralla China, Stonehenge, Taj Mahal, A Selva Negra, Vilcabamba, Everest, Gran Lago Oso, Lago Tanganica, Nilo Azul, Estatua da Liberdade,Ollantaytambo, Titicaca. DATOS FICHA: País, continente; coordenadas xeográficas; altitude; tipo elemento (accidente xeográfico, monumento - arquitetura, escultura, pintura; cidade; ...); características; finalidade) 4.- Saída ao recinto exterior do instituto: Traballando co GPS manual. (Ficha)

martes, 17 de diciembre de 2013

Para ir animándovos, podedes ver algunha foto da celebración do Día Solar Europeo 2013. Menos mal que arranxamos a fonte a última hora... e o panel solar púxose en marcha.
De Collages
Máis saúdos!!!!!

Programación do proxecto Consumópolis

Este enlace está especialmente dirixido aos titores de primeiro, que participamos no proxecto CONSUMÓPOLIS PARA O CURSO 2013_2014. Calquera puntualización que querades facerlle non dubidedes en facerma chegar.

Tarefa 1_Consumopolis by montserpaz

Saudiños e ánimo nesta recta final do trimestre.

Un novo curso_Un novo proxecto: CONSUMÓPOLIS

Benvidos a todos/as! Xa facía moito tempo que non paraba por este Blog! Dende que non escribo, o Sr. Domingos, o home que deu título a este Blog, deixounos e con el a maxia dos seus baldes e da súa longa vida. Sempre o lembraremos, a el e ao seu aserradoiro tradicional de Barrantes. Neste curso volvo cos meus "pequerrechos" de primeiro da ESO... Con eles comezamos unha nova aventura, mais dentro da liña de traballos que dende o Departamento de Xeografía levamos anos desenvolvendo...de educar no respeto aos demais e ao noso medio natural. Aventurámonos con CONSUMÓPOLIS, no que os vosos titores temos depositada moita ilusión.Déixovos o enlace para que comecedes a traballar, tal como falamos na aula.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Cal é o noso traballo de grupos no resto do curso?

Bo día!
Aínda que todos/as pensamos nas vacacións de Nadal, xa temos fixada a nova tarefa de grupo no segundo e terceiro trimestre.
Lembrade que debedes achegarvos ao blog e participar nel, coas vosas propias impresións, as das vosas familias e coas vosas vivenzas.
Logo debemos seleccionar a parroquia de Vigo na que imos catalogar o patrimonio etnográfico (material e inmaterial). A recollida de material farase seguindo as planillas que atoparedes na Aula Cesga, mais a presentación final é cousa vosa.
Entre as suxerencias:
1.- Presentacións: papel e soporte informático (Impress, PowerPoint)
2.- Coleccións de imaxes, con textos e información complementaria (Picasa).
3.- Un glog.
4.- Outros (que analizaremos ao longo do curso).
Aquí tedes un posible exemglo de glog, no que podedes enlazar: imaxes, vídeos, música, enlaces, etc... tanto atopados na rede como da vosa propiedade.


Traballaremos distintos formatos na aula, con tempo, para que podades decidir o que vos resulte máis interesante.

Bo Nadal a todos/todas! Os meus mellores desexos para todos e que os Reis Magos traian felicidade e moitas ganas de seguir traballando para vos! Os meus mellores desexos.
A profe Montse.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Estudio das parroquias: Santo Estevo de BEADE

Como xa falamos no segundo trimestre o traballo de grupos tratará sobre o estudio das parroquias que forman parte da área de influenza do noso centro, o IES Valadares de Vigo. Entre as citadas parroquias traballaremos: VALADARES, CASTRELOS, ZAMÁNS, VINCIOS, CHAÍN (éstas dúas últimas no Concello de Gondomar), BEMBRIVE, COMESAÑA... e BEADE.

Para iniciarvos na futura tarefa, faremos un traballo inicial todos os grupos sobre a última das parroquias mencionadas, a de BEADE. Aproveitando unha exposición que se fixo co galo do Bicentenario da Reconquista de Vigo nesa parroquia, exporémola no centro e vos deberedes traballar por grupos a Unidade Didáctica elaborada para a citada ocasión.

Engádovos nesta entrada un enlace para descargar a Unidade e traballala. Adicaremos unha sesión ao visionado da exposición e logo deberedes presentar o traballo.

Bicentenario da Reconquista 1809 na parroquia de Beade.

Xa sabedes que neste curso estou a favor de aforrar en papel, polo ben de todos/as! Por iso, lémbrovos que podedes subir o traballo á nosa Aula Virtual ou podedes enviarmo ao meu enderezo electrónico! LEMBRADE!!!!! COMO ARQUIVO ADXUNTO!!!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

O patrimonio inmaterial: O Pan de Cea

Seguro que moitos de vos coñecedes unha peza musical chamada MIÑA TERRA GALEGA, que popularizou o grupo galego SINIESTRO TOTAL, formado en Vigo no 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e Germán Coppini. Tomando prestada a música de Sweet Home Alabama de Lynyrd Shynyrd, Julián Hernández adáptaa á nosa terra, creando a devandita composición, "Miña Terra Galega",composta en media hora nun hotel de A Coruña.

A Comunidade Educativa do CPI Virxe da Saleta (Cea) fixeron unha adaptación, na que reivindican a nosa identidade cultural "A Lingua Galega", engadindo a súa propia: "O Pan de Cea". O bo traballo de todos é manifesto no seguinte video e constitúe unha forma orixinal de "por en valor" o noso patrimonio. Disfrutádeo!



Aí vai o Karaoke. Vos tamén podedes!!!!! Animo!!!!