lunes, 31 de octubre de 2011

"A Ignorada diferencia entre o negro e o branco"



Hai algunhas semanas faleceu Sofía, quizáis apesadumbrada pola marcha do seu fiel compañeiro Lucas. Para nos foi unha dobre perda: por unha banda os compañeiros de xogos da casa, e por outro os mellores mestres para os nosos traballos na aula sobre aproveitamento enerxético.

Quizais para todos vos - polo nome - son dous grandes descoñecidos, mais todos aqueles que traballáchedes durante o curso 2010-2011 cos materiais da exposición sobre enerxías renovables do IES Escolas Proval lembraredes a súa imaxe... Lucas e Sofía, o noso coello negro e a nosa coella branca (por unha sabia decisión dos Reis Magos de Oriente), eran dous grandes mestres de cerimonia para introducir aos alumnos/as no uso e construcción das cociñas e dos fornos solares.

Por aquel tempo atopei este curioso artigo de Aquilo Miguélez López (Observatorio R.B. Lanzarote) titulado: "LA IGNORADA DIFERENCIA ENTRE EL NEGRO Y EL BLANCO. CIUDADES PARA UN FUTURO MÁS SOSTENIBLE" unha extraordinaria reflexión sobre o sinxelos que son ás veces os recursos que temos á nosa man para un mellor aproveitamento enerxético. O artigo ten como punto de partida o eirado do edificio onde vivía a nai do autor en Madrid, nunha simpática anécdota.
Non vos perdades a súa reflexión!!!!!!

Quen é o SEÑOR DOMINGO?


40 CASAS DE CRISTELOS – EN TOMIÑO - RECIBEN ENERXÍA DA RODA HIDRÁULICA TRADICIONAL QUE MANTÉN VIVA O SR. DOMINGO (17 maio 2008)

ANABEL/ANDREA PAREDES.- O señor Domingo leva ás súas costas 92 anos de experiencia, que quer transmitir as xeracións futuras, polo que non se cansa de contar as vellas historias da súa vida. Hoxe adicou un anaco do seu tempo, ás alumnas do IES Tomiño, para contarnos algunhas delas, que ás veces son difíciles de escoitar polo marmurio da auga que cae sobre a vella roda de madeira do reducio e a súa calada voz.

1-Este serradeiro foi construido por vostede ou foi herdado?

Non, gran parte da construcción herdeina do meu pai, xa que este serradeiro antigamente era unha vivenda. A comezos dos anos 50 decidín darlle vida a este lugar e convertilo nun lugar útil para os meus veciños.

2- Que quere decir vostede cando fala de “un lugar útil para os seus veciños”?

Refírome a que lle din luz a 30 casas, moía gran para os veciños de Barrantes e forxaba ferramentas na fragua que fixen cun vello bidón de ferro que adaptei ás miñas necesidades.

3- En que data constuiu o aserradoiro?

A finais dos anos anos 50, aproximadamente no ano 1958. Meu pai non creia nas miñas capacidades, empecei sen ningunha maquinaria e hoxe en dia elas ocupan a meirande parte do meu serradoiro.

4- Xa ten pensado que facer co seu aserradoiro cando vostede falte?

Si, fillos non teño, e os meus sobriños teñen un bo posto de traballo polo que non queren saber disto (ri). Escoitei rumores de que o concello está interesado en comprar o meu aserradoiro, ainda que non viñeron falar conmigo, pola contra hai varias persoas (particulares) que sí están interesadas e xa falaron conmigo.

5-Sabemos que vostede é famoso polos seus baldes, qué hai de certo?

Si, levo desde que empecei neste oficio facendo baldes. Sempre os fago a ollo, e da a casualidade que o seu tamaño soe ser sempre semellante. Hoxe en día, debido á miña avanzada idade son escasos os baldes que fago (é a miña forma de entreterme), sóenmos pedir por encarga e xa son coñecidos en boa parte do mundo. De feito estes útiles aparellos para transportar a auga, que fago con madeiras nobles e metais, xa viaxaron ata Alemaña,Venezuela, Bos Aires, Suiza e Francia.

6- Cantas horas traballa diariamente e cal é o material que usa?

Para min esta tarefa é como un xogo, non teño horario ainda que non podo dedicar todo o meu tempo a este traballo, posto que de cando en vez, teño que ir ao campo, limpar a levada. A miña principal ferramenta é a madeira, especialmente de pino.

7.- En que está a traballar neste momento?

Estou a tornear as patas dunha mesa, sen planos, para a festa de San José Obrero en Cristelos, para primeiros de maio. Pediume a Comisión de Festas e non podo deixar de traballar nestes días.

O resto da entrevista discorreu entre os muros do seu serradeiro, escavado na rocha viva dun pequeño outeiro de Cristelos; todo un enxeño tradicional de auga, no que o Sr. Domingo reciclou toda sorte de materiais e obxectos para obter enerxía que moven as súas máquinas de puír, cortar táboas de ata 7'5 metros de longo (único aserradoiro da comarca que pode facelo), as luces dos dous alpendres, ...

Hai pouco entráronlle a roubar e o noso protagonista volveuse un pouco máis desconfiado, electrificando a porta de entrada do edificio. ¡Alomenos levaranse un bó susto se queren volver entrar! (volve rir).

Despedímonos apenados de no poder adicar máis tempo ao Sr. Domingo, agradecéndolle o seu tempo e a súa amabilidade e desexándolle que teña moita sorte e que atope un bo comprandor que queira perpetuar o seu bo facer.