Don Domingo mantén vivo, logo de superar dabondo os 90 anos, o seu curioso aserradoiro en Barrantes-Tomiño. É un interesante exemplo do compromiso co noso patrimonio e coa súa conservación. Este blog tentará ser o soporte para dar a coñecer, cos nosos/as alumnos/as, ese patrimonio un tanto esquecido.
sábado, 25 de octubre de 2014
Curso 2014/2015
Experimentando co GPS e a telefonía móbil/Experimentando con el GPS y la telefonía móvil.
Este curso plantexámonos, como obxectivo final, aprender a manexar o GPS e as funcións dos nosos teléfonos móbiles, para orientarnos, e localizar obxectos na nosa contorna...
Entre as tarefas plantexadas está a creación dun GEOCACHING na contorna exterior próxima do IES Valadares e, por en práctica os nosos coñecementos, localizando algún elemento dos agoschados no Concello de Vigo ou Gondomar.
Actividades para os meses de outubro e novembro:
1.- Crear grupos de tres alumnos/as.
2.- Investigar que son os Geocaching (acceso as dúas páxinas referidas no parágrafo anterior).
3.- Localizar en Google Maps, os seguintes elementos (cumplimentar a ficha correspondente a cada un deles):
A casa de cada un dos membros do grupo; Libreville, Guggemheim (2), Arco de Tito, Muralla China, Stonehenge,
Taj Mahal, A Selva Negra, Vilcabamba, Everest, Gran Lago Oso, Lago Tanganica, Nilo Azul, Estatua da
Liberdade,Ollantaytambo, Titicaca.
DATOS FICHA: País, continente; coordenadas xeográficas; altitude; tipo elemento (accidente xeográfico,
monumento - arquitetura, escultura, pintura; cidade; ...); características; finalidade)
4.- Saída ao recinto exterior do instituto: Traballando co GPS manual. (Ficha)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)