viernes, 18 de noviembre de 2011

Do campo á mesa: millo e pan

Imos comezar o noso traballo coñecendo o proceso do pan: do campo ao forno. Para iso, analizaremos, grazas a este vídeo, os MUÍÑOS DE AUGA e as súas partes.



Neste segundo vídeo podedes contemplar un dos muíños máis fermosos de Vigo, na parroquia de Zamáns, moi próximo ao noso centro educativo.


Animádevos a visitalo!!!!

Un exemplo de muíño de maré: O Muíño da Seca en Cambados.


Agora un exemplo de muíño de vento: Muíños de Abalo - Catoira



Que imos traballar?

O patrimonio etnográfico galego é moi amplo, mais tamén un gran descoñecido e abandonado. A paisaxe galega está poboada de cientos de elementos, moitos deles recollidos nos catálogos existentes nos concellos galegos, nos arquivos dos departamentos de Patrimonio da Xunta ou en algunhas publicacións, mais cada vez máis alonxados da realidade social e económica.

Mais o seu estado de conservación e o seu aproveitamento educativo dista moito de ser o axeitado, a diferenza do que ocorre noutras comunidades autónomas.

Recollemos na seguinte presentación algúns deses elementos, como punto de partida para un estudio máis pormenorizado na contorna do noso centro educativo.


Os nosos antergos, observadores da súa contorna, foron quen de explotar con recursos sinxelos, o que a natureza lles proporcionaba dun xeito sostible... algo que semella temos esquecido nas últimas décadas...

martes, 1 de noviembre de 2011

Animación de coellos. DIN MATAMORO.

Din Matamoro é un artista vigués que, partindo dunhas bolsas plásticas, as transformou en coellos. Empregando técnicas de cine de animación as bolsas cobraron vida, movéronse e correron polo prado, aparecendo e desaparecendo nun esceario real: un campo de flores amarelas, camiños, tobais, tuberías o unha papeleira.



Para Din Matamoros: "Eres tí o que distingue unha forma que está na túa mente, quen ve unha nube que é un paxaro".

Non vos perdades as páxinas sobre o autor:

1.- Artistas do século XXI.
2.- Páxina do artista.
3.- Atlántica. Centro de Arte.