viernes, 18 de noviembre de 2011

Do campo á mesa: millo e pan

Imos comezar o noso traballo coñecendo o proceso do pan: do campo ao forno. Para iso, analizaremos, grazas a este vídeo, os MUÍÑOS DE AUGA e as súas partes.



Neste segundo vídeo podedes contemplar un dos muíños máis fermosos de Vigo, na parroquia de Zamáns, moi próximo ao noso centro educativo.


Animádevos a visitalo!!!!

Un exemplo de muíño de maré: O Muíño da Seca en Cambados.


Agora un exemplo de muíño de vento: Muíños de Abalo - Catoira



12 comentarios:

  1. En Galicia debido aos fortes ventos , o mar e as fortes correntes de auga que temos e posible xuntar todo estos tipos de muiños nun pequeno territorio aparte estes muiños caracterizan o noso patrimonio.

    ResponderEliminar
  2. Pennso que os muíños de Zamáns tiñan que poñerse todas as partes e as que xa estan presentes conservalas para que non se estraguen co paso do tempo.
    Por outra parte, o muíño de mar de Cambados está moi ben coservado, da guto que a xente se preocupe pola nosa cultura e tradición.
    O muíño de vento de Catoira terían que coidalo un pouco máis pero o que son as partes importantes do muíño estan presentes e moi ben conservadas polo que se pode explicar moi ben o seu procedemento.

    ResponderEliminar
  3. Creo que é moi bonito que Galicia teña todos estos muíños, eu xa mirara en Valadares muíños de auga e o seu funcionamento, pero nunca da seca.De vento si, pero non en Galicia.Estes muíños ai que coidalos e evitar que se destrúan.

    ResponderEliminar
  4. Eu penso que debemos coidar e manter todos estes muíños o mellor posible, pois son un exemplo de todas as cousas que caracterizan a nosa terra.

    En canto ao primeiro vídeo, parte do que se di, nolo explicaran nunha excursión que fixeramos en primeiro, se non recordo mal.

    Uxía Comesaña 3ºA

    ResponderEliminar
  5. Os muíños son moi bonitos.
    Na miña opinión, e repito na miña opinión, coa crise que hai, non entendo por que hai que gastar cartos en reparar muíños que nin sequera se utilizan, e que xa pasaron historia, cando hai familias sen cartos, sen teito ou pasando fame.

    ResponderEliminar
  6. Na miña opinión, é importante conservar os muíños debido a que son patrimonio galego, os muíños de río son os máis coñecidos é abundantes, o de Zamáns é fermoso. Os de mar (A Seca, Cambados), e os de vento (Catoira), son escasos, as condicións ambientais axudan a isto.

    En primeiro fixémos o traballo de proxecto sobre este tema.

    ResponderEliminar
  7. Estou dacordo cos meus compañeiros. Na miña opinión, é o estado ou a Xunta de Galicia quen se teria que responsabilizar de todo este tipo de traballos. Na parroquia de Valadares tamén hai un muiño de auga que está completamente en ruinas sito o lado da piscina de Valadares, e non o dan arranxado a pesar das múltiples promesas.

    ResponderEliminar
  8. Que bonitos,oxala os muiños de Vilaza estiveran así.

    ResponderEliminar
  9. Os muiños son moi bonitos, pero se os coidaramos máis non habería que andar a renovalos sempre, teríamos que coidalos todos, e non facer cousas que non hai que facer nos muíños...

    ResponderEliminar
  10. Estos muiños son moi bonitos.O muíño que máis me gustou foi a acea.
    Cando eu fora de excursion a un muíño estaba en mal estado e con latas de refresco e outras cousas dentro del.Deberiamos coidalos mellor entre todos e asi serian máis fermosos

    ResponderEliminar
  11. Estes muiños estan moy ben, eu creo que hai que conservalos e coidalos mellor, a miña tía vai a un muiño como o de Rios.

    ResponderEliminar
  12. Gustáronme moito os muíños que temos,e a verdade é que temos o de de zamans aquí ao lado e nunca fun visitalo,xa que vendo este vídeo deisáronme ganas de acudir a ele,xa que a miña nai comentoume que de pequena ela íva en compña da miña bisaaboa a moer alí o millo.
    Sobre todo sorprendeume o vídeo do muño do mar,nunca vira ningún.

    ResponderEliminar