sábado, 17 de diciembre de 2011

Cal é o noso traballo de grupos no resto do curso?

Bo día!
Aínda que todos/as pensamos nas vacacións de Nadal, xa temos fixada a nova tarefa de grupo no segundo e terceiro trimestre.
Lembrade que debedes achegarvos ao blog e participar nel, coas vosas propias impresións, as das vosas familias e coas vosas vivenzas.
Logo debemos seleccionar a parroquia de Vigo na que imos catalogar o patrimonio etnográfico (material e inmaterial). A recollida de material farase seguindo as planillas que atoparedes na Aula Cesga, mais a presentación final é cousa vosa.
Entre as suxerencias:
1.- Presentacións: papel e soporte informático (Impress, PowerPoint)
2.- Coleccións de imaxes, con textos e información complementaria (Picasa).
3.- Un glog.
4.- Outros (que analizaremos ao longo do curso).
Aquí tedes un posible exemglo de glog, no que podedes enlazar: imaxes, vídeos, música, enlaces, etc... tanto atopados na rede como da vosa propiedade.


Traballaremos distintos formatos na aula, con tempo, para que podades decidir o que vos resulte máis interesante.

Bo Nadal a todos/todas! Os meus mellores desexos para todos e que os Reis Magos traian felicidade e moitas ganas de seguir traballando para vos! Os meus mellores desexos.
A profe Montse.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Estudio das parroquias: Santo Estevo de BEADE

Como xa falamos no segundo trimestre o traballo de grupos tratará sobre o estudio das parroquias que forman parte da área de influenza do noso centro, o IES Valadares de Vigo. Entre as citadas parroquias traballaremos: VALADARES, CASTRELOS, ZAMÁNS, VINCIOS, CHAÍN (éstas dúas últimas no Concello de Gondomar), BEMBRIVE, COMESAÑA... e BEADE.

Para iniciarvos na futura tarefa, faremos un traballo inicial todos os grupos sobre a última das parroquias mencionadas, a de BEADE. Aproveitando unha exposición que se fixo co galo do Bicentenario da Reconquista de Vigo nesa parroquia, exporémola no centro e vos deberedes traballar por grupos a Unidade Didáctica elaborada para a citada ocasión.

Engádovos nesta entrada un enlace para descargar a Unidade e traballala. Adicaremos unha sesión ao visionado da exposición e logo deberedes presentar o traballo.

Bicentenario da Reconquista 1809 na parroquia de Beade.

Xa sabedes que neste curso estou a favor de aforrar en papel, polo ben de todos/as! Por iso, lémbrovos que podedes subir o traballo á nosa Aula Virtual ou podedes enviarmo ao meu enderezo electrónico! LEMBRADE!!!!! COMO ARQUIVO ADXUNTO!!!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

O patrimonio inmaterial: O Pan de Cea

Seguro que moitos de vos coñecedes unha peza musical chamada MIÑA TERRA GALEGA, que popularizou o grupo galego SINIESTRO TOTAL, formado en Vigo no 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e Germán Coppini. Tomando prestada a música de Sweet Home Alabama de Lynyrd Shynyrd, Julián Hernández adáptaa á nosa terra, creando a devandita composición, "Miña Terra Galega",composta en media hora nun hotel de A Coruña.

A Comunidade Educativa do CPI Virxe da Saleta (Cea) fixeron unha adaptación, na que reivindican a nosa identidade cultural "A Lingua Galega", engadindo a súa propia: "O Pan de Cea". O bo traballo de todos é manifesto no seguinte video e constitúe unha forma orixinal de "por en valor" o noso patrimonio. Disfrutádeo!



Aí vai o Karaoke. Vos tamén podedes!!!!! Animo!!!!

O patrimonio en imaxes

As imaxes son un bo instrumento para documentar a conservación do noso patrimonio. Amósovos a continuación un banco de imaxes que poden darvos pautas do material a localizar. Animóvos a aumentar a colección!!

"Aproveitamentos enerxéticos tradicionais"


Engadimos a continuación os datos para localizar o Aserradorio do Sr. Domingo, por se algún quere perderse nas festas do Nadal por alí e visitalo... Sempre é unha visita interesante!!!!


Ver mapa más grande