![]() |
| De Collages |
Don Domingo mantén vivo, logo de superar dabondo os 90 anos, o seu curioso aserradoiro en Barrantes-Tomiño. É un interesante exemplo do compromiso co noso patrimonio e coa súa conservación. Este blog tentará ser o soporte para dar a coñecer, cos nosos/as alumnos/as, ese patrimonio un tanto esquecido.
martes, 17 de diciembre de 2013
Programación do proxecto Consumópolis
Este enlace está especialmente dirixido aos titores de primeiro, que participamos no proxecto CONSUMÓPOLIS PARA O CURSO 2013_2014.
Calquera puntualización que querades facerlle non dubidedes en facerma chegar.
Saudiños e ánimo nesta recta final do trimestre.
Un novo curso_Un novo proxecto: CONSUMÓPOLIS
Benvidos a todos/as!
Xa facía moito tempo que non paraba por este Blog!
Dende que non escribo, o Sr. Domingos, o home que deu título a este Blog, deixounos e con el a maxia dos seus baldes e da súa longa vida. Sempre o lembraremos, a el e ao seu aserradoiro tradicional de Barrantes.
Neste curso volvo cos meus "pequerrechos" de primeiro da ESO... Con eles comezamos unha nova aventura, mais dentro da liña de traballos que dende o Departamento de Xeografía levamos anos desenvolvendo...de educar no respeto aos demais e ao noso medio natural.
Aventurámonos con CONSUMÓPOLIS, no que os vosos titores temos depositada moita ilusión.Déixovos o enlace para que comecedes a traballar, tal como falamos na aula.
Escribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

