Hai algunhas semanas faleceu Sofía, quizáis apesadumbrada pola marcha do seu fiel compañeiro Lucas. Para nos foi unha dobre perda: por unha banda os compañeiros de xogos da casa, e por outro os mellores mestres para os nosos traballos na aula sobre aproveitamento enerxético.
Quizais para todos vos - polo nome - son dous grandes descoñecidos, mais todos aqueles que traballáchedes durante o curso 2010-2011 cos materiais da exposición sobre enerxías renovables do IES Escolas Proval lembraredes a súa imaxe... Lucas e Sofía, o noso coello negro e a nosa coella branca (por unha sabia decisión dos Reis Magos de Oriente), eran dous grandes mestres de cerimonia para introducir aos alumnos/as no uso e construcción das cociñas e dos fornos solares.
Por aquel tempo atopei este curioso artigo de Aquilo Miguélez López (Observatorio R.B. Lanzarote) titulado: "LA IGNORADA DIFERENCIA ENTRE EL NEGRO Y EL BLANCO. CIUDADES PARA UN FUTURO MÁS SOSTENIBLE" unha extraordinaria reflexión sobre o sinxelos que son ás veces os recursos que temos á nosa man para un mellor aproveitamento enerxético. O artigo ten como punto de partida o eirado do edificio onde vivía a nai do autor en Madrid, nunha simpática anécdota.
Non vos perdades a súa reflexión!!!!!!

O artigo de Aquilo fíxome pensar que en Galicia no se construe como antes.Por exemplo no instituto hai goteiras , o tellado non esta feito de tellas como as casas do redor , gastamos moito en calefacción xa que as paredes están feitas de cristais e de ladrillos non de pedra como antes. Isto non e un futuro más sostenible.
ResponderEliminarEloy 3º A