martes, 1 de noviembre de 2011

Animación de coellos. DIN MATAMORO.

Din Matamoro é un artista vigués que, partindo dunhas bolsas plásticas, as transformou en coellos. Empregando técnicas de cine de animación as bolsas cobraron vida, movéronse e correron polo prado, aparecendo e desaparecendo nun esceario real: un campo de flores amarelas, camiños, tobais, tuberías o unha papeleira.



Para Din Matamoros: "Eres tí o que distingue unha forma que está na túa mente, quen ve unha nube que é un paxaro".

Non vos perdades as páxinas sobre o autor:

1.- Artistas do século XXI.
2.- Páxina do artista.
3.- Atlántica. Centro de Arte.

13 comentarios:

  1. O vídeo está ben feito, e creo que este artista chegará moi lonxe se segue facendo cousas coma esta. A min gustoume.

    ResponderEliminar
  2. A min o vídeo gustoume moito, aínda que se me fixo un pouco longo.
    Penso que o artista fai cousas moi bonitas e, sobretodo, moi orixinais, que sobresaen do habitual.

    Uxía Comesaña 3ºA

    ResponderEliminar
  3. Gustoume o vídeo, quizais un pouco longo, pero orixinal.
    Estouven investigando e a técnica de animación empregada no vídeo é a "Stop-motion", que consiste en pór moitas fotos seguidas e unilas nunha animación.

    ResponderEliminar
  4. Din Matamoros é un artista!, non sabia que había persoas con ese talento, que mezclan a artesania coa tecnoloxía e con algo super importante que é a imaxinación. O único foi que se me fixo un pouco longo.

    ResponderEliminar
  5. O video e moi bonito e orixinal pero non estaria mal reciclar ou non usar bolsas de plástico para que o mundo non se contamine.

    Eloy 3ºA

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. Din Matamoros é moi orixinal, ainda que podería variar os animais e por doutra especie. O video estivo moi ben pero como dixeron os meus compañeiros é algo longo para ver sempre o mesmo.

    Alba Comesaña 3º A

    ResponderEliminar
  8. Gustoume moito cando os coellos saen por segunda vez da papeleira,vese moi bonito a mestura de cores pero o final pareceume moi repetitivo.

    ResponderEliminar
  9. Pareceume unha gran idea realizar un vídeo no que os protagonistas son en realidade bolsas do lixo e merece unha noraboa polo traballo de tirar fotografía a fotografía cada movemento dos "coellos".

    ResponderEliminar
  10. Me parece un trabajo muy logrado y trabajado ya que por cada imagen requiere un movimiento. Quizás para mi opinión sea un poco repetitivo pero por el resto me parece bastante interesante ala ahora de moverse los conejos entrar y salir de la basura etz..

    ResponderEliminar
  11. É un video moi bonito,gustoume a idea de facer coellos con bolsas de basura.É un traballo moi logrado ainda que ao final fíxoseme un pouco aburrido e repetitivo, pero tivo moito mérito facer tantas fotos.

    ResponderEliminar
  12. Este vídeo e moy orixinal, gustame como transforma as bolsas de plástico en coellos, ainda que faise algo longo.

    ResponderEliminar
  13. A verdade é que o vídeo ao príncipio sorprende a idea de facer coellos con bolsas de plástico pero despois xa vais aburrindo un pouco,pero está calro que hai que reciclar polo noso ben e polas seguintes xeneracións.

    ResponderEliminar