O patrimonio etnográfico galego é moi amplo, mais tamén un gran descoñecido e abandonado. A paisaxe galega está poboada de cientos de elementos, moitos deles recollidos nos catálogos existentes nos concellos galegos, nos arquivos dos departamentos de Patrimonio da Xunta ou en algunhas publicacións, mais cada vez máis alonxados da realidade social e económica.
Mais o seu estado de conservación e o seu aproveitamento educativo dista moito de ser o axeitado, a diferenza do que ocorre noutras comunidades autónomas.
Recollemos na seguinte presentación algúns deses elementos, como punto de partida para un estudio máis pormenorizado na contorna do noso centro educativo.
Os nosos antergos, observadores da súa contorna, foron quen de explotar con recursos sinxelos, o que a natureza lles proporcionaba dun xeito sostible... algo que semella temos esquecido nas últimas décadas...
Acerca das cousas que se deben conservar eu creo que hai moitos destes elementos que non se coidan adecuadamente.
ResponderEliminarSobre os muíños,eu fixen unha ruta por Valadares e vin como funcionaban os muíños hidráulicos.
Das ferrerías e os aserradoiros non sei moito.
O batán nunca o coñecín pero o pilón (que xa casi non se utiliza)si. Teño un en fronte da casa e vin como lavava a xente neles algunha vez.
Das salinas sei algo do seu funcionamento.
Nunca oíra falar das telleiras.
Os horreos coñezoos e estiven dentro dun(dos meus familiares)pero só tiña millo amontoado.
Eu penso que debemos coidar o mellor posible todos estes elementos; sexan muíños, pilóns, hórreos ou calquer outro; que nos identifican a nós, a nosa terra e a nosa cultura.
ResponderEliminarUxía Comesaña 3ºA
Na miña opinión, penso que non hai que gastar moitos cartos en reparar estos elementos culturais galegos, coa crise que hai..
ResponderEliminarA xente utiliza os pilóns (hoxe en día) para lavar soamente as alfombras da casa ou cousas de tamaño grande, pero isto estase perdendo cada vez máis e o que terminara pasando é que este elemento acabe, como tantos outros que xa están ou como os muiños, en ruinas.
ResponderEliminarO redor da casa dos meus avos do Carregal estaban Nicanor o carpinteiro , que era o que arranxaba os muiños. O ferreiro que arranxaba as ferramentas de campo do meu avo. Tamen estaba o "Gorxas" , o aserrador. O meu tioavó que mataba os porcos. Todos tiñan unhas profesións importantes para a súa forma de vida e que agora se perderon porque xa non se traballa o campo e non temos animais (porcos , vacas , ouvellas...).
ResponderEliminarEloy José 3ºA
Recomendovos visitar os muíños do Folón e do Picón no Concello do Rosal xa que meus pais leváronme a visitalos,hai uns corenta muíños de forma ascendente/descendente situados a beira da cascada,e antigamente debía acudir moita xente a eles,son moi fermosos.Debía ser moi difícil acceder a eles antigamente co millo que o portaban os animais porque son costas moi empinadas.
ResponderEliminar