viernes, 9 de diciembre de 2011

O patrimonio inmaterial: O Pan de Cea

Seguro que moitos de vos coñecedes unha peza musical chamada MIÑA TERRA GALEGA, que popularizou o grupo galego SINIESTRO TOTAL, formado en Vigo no 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e Germán Coppini. Tomando prestada a música de Sweet Home Alabama de Lynyrd Shynyrd, Julián Hernández adáptaa á nosa terra, creando a devandita composición, "Miña Terra Galega",composta en media hora nun hotel de A Coruña.

A Comunidade Educativa do CPI Virxe da Saleta (Cea) fixeron unha adaptación, na que reivindican a nosa identidade cultural "A Lingua Galega", engadindo a súa propia: "O Pan de Cea". O bo traballo de todos é manifesto no seguinte video e constitúe unha forma orixinal de "por en valor" o noso patrimonio. Disfrutádeo!



Aí vai o Karaoke. Vos tamén podedes!!!!! Animo!!!!

17 comentarios:

  1. Todos os galegos deberiamos estar agradecidos de ter unha lingua propia e unha cultura peculiar

    Alba Pires 3ºB

    ResponderEliminar
  2. Este é un bo exemplo de que temos que coidar a nosa cultura tanto sexa material como inmaterial xa que é o que nos identifica:o noso marisco da ría, o pan de Cea, as nosas praias, illas, gastronomía,etc (pero un etc moi, moi longo).

    POSDATA: Podiamos facer un vídeo musical entre todos os alumnos de 3º xa que é unha forma moi boa de coñecer a nosa cultura.

    María de las Mercedes Veiga García 3ºB

    ResponderEliminar
  3. A min paréceme unha versión bonita da canción "Miña Terra Galega", que nos fai lembrar a lingua que temos e que debemos usar máis habitualmente para non esquecer.

    En canto ao vídeo, a min gústame como está realizado e como cantan os nenos.

    Uxía Comesaña 3ºA

    ResponderEliminar
  4. Paréceme moi ben que se siga loitando e recordando a lingua galega,que nalgúns lugares de Galicia estase perdendo.Creo que deberíase falar máis galego, pero se te educan falando en castelán é algo máis dificil.Habería que concenciar á xente.
    O vídeo está moi ben feito e é bonito.

    ResponderEliminar
  5. Encantáme o vídeo, considero a eses nenos moi inicitiavos e galeguistas. Estaría ben que se falara galego en medios públicos: radio, tele, prensa, etc.

    ResponderEliminar
  6. Eu xa sabia de este video tan estupendo (o mirei na TVG)pareceme una estupenda idea de combidar a xente a falar galego; O video esta moi ben realizado e os nenos cantan moi ben;

    ResponderEliminar
  7. Paréceme xenial a idea de que todo un colexio xunto fixéra esta fantástica versión, que por certo parece moi divertida de facer. É unha iniciativa estupenda, porque considero que coma din no video, temos unha lingua propia xa útilizada dende hai moito tempo e deberiamos utilizala moito máis, porque é importante, porque é a nosa lingua.

    Pd: non sería mala idea que nós fixeramos un video coma este :)

    ResponderEliminar
  8. Paréceme moi ben este vídeo porque xa quedan poucos rapaces que falen galego na súa vida, é dicir, sen cambiar a outra lingua para nada, aínda que nos últimos anos isto paréceme que empezou a mudar un pouco, xa que se empezan a oír máis rapaces falando o noso idioma.

    ResponderEliminar
  9. Paréceme moi ben que neste colexio fáganse cousas coma estas que fan ver que aínda que moita xente da nosa comunidade non fala o galego como lingua oral nin escrita, hai outra xente que si que fala o galego e que lle gusta facer ver que o fan.
    É un vídeo que, ademais de entreter e divertir, defendo o galego, paréceme moi ben que a xene faga este tipo de cousas polo noso idioma, que xa lle gustaría a moitas comunidades autónomas ter unha lingua oficial súa e de ninugún outro sitio máis.

    ResponderEliminar
  10. Deberiamos todos e todas coller exemplo de estes rapaces e rapazas que sacan a relucir do noso interior ese sentimento de orgullo da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa terra. Unha magnífica idea, un bo proxecto, deberían tomar nota o resto de centros de ensinanza, inclusive o noso.

    ResponderEliminar
  11. De Anabel
    O video estivo xenial , que todos participasen dende os nenos mais pequenos ata os mais maiores e xe divertisen, fan que a música e as súas voces cheguen a todo o mundo a alma.

    ResponderEliminar
  12. Gustoume moito este vídeo xa que,era animado e interactivo,a parte que mais me gustou foi a primera cos neniños pequenos,esta moi ben representado que dende os mais pequenos ata os mais maiores deben falar galego igual,esta moi ben feita a montaxe e todo.A verdade e que gustoume.

    ResponderEliminar
  13. Gustoume moito porque é moi divertido e aparte expón a nosa lingua como algo que nos gusta e a compara co pan que é algo que nos gusta e que está moi rico.
    Deberíamos aprender destes rapazes e defender a nosa lingua como o fan eles.

    ResponderEliminar
  14. Estou dacordo co video, setemos unha lingua propia temola que usar para todo.

    ResponderEliminar
  15. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  16. Estubo moi divertido,e a nosa lingua temos que usala para todo canto poidamos.

    ResponderEliminar
  17. Este vídeo está moi divertido e está moi ben exposta a idea de utilizar máis a nosa lingua.Aínda que haxa persoas que teñan o gusto contrario,e que debemos respetalas.

    ResponderEliminar