Seguro que moitos de vos coñecedes unha peza musical chamada MIÑA TERRA GALEGA, que popularizou o grupo galego SINIESTRO TOTAL, formado en Vigo no 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e Germán Coppini. Tomando prestada a música de Sweet Home Alabama de Lynyrd Shynyrd, Julián Hernández adáptaa á nosa terra, creando a devandita composición, "Miña Terra Galega",composta en media hora nun hotel de A Coruña.
A Comunidade Educativa do CPI Virxe da Saleta (Cea) fixeron unha adaptación, na que reivindican a nosa identidade cultural "A Lingua Galega", engadindo a súa propia: "O Pan de Cea". O bo traballo de todos é manifesto no seguinte video e constitúe unha forma orixinal de "por en valor" o noso patrimonio. Disfrutádeo!
Aí vai o Karaoke. Vos tamén podedes!!!!! Animo!!!!
Todos os galegos deberiamos estar agradecidos de ter unha lingua propia e unha cultura peculiar
ResponderEliminarAlba Pires 3ºB
Este é un bo exemplo de que temos que coidar a nosa cultura tanto sexa material como inmaterial xa que é o que nos identifica:o noso marisco da ría, o pan de Cea, as nosas praias, illas, gastronomía,etc (pero un etc moi, moi longo).
ResponderEliminarPOSDATA: Podiamos facer un vídeo musical entre todos os alumnos de 3º xa que é unha forma moi boa de coñecer a nosa cultura.
María de las Mercedes Veiga García 3ºB
A min paréceme unha versión bonita da canción "Miña Terra Galega", que nos fai lembrar a lingua que temos e que debemos usar máis habitualmente para non esquecer.
ResponderEliminarEn canto ao vídeo, a min gústame como está realizado e como cantan os nenos.
Uxía Comesaña 3ºA
Paréceme moi ben que se siga loitando e recordando a lingua galega,que nalgúns lugares de Galicia estase perdendo.Creo que deberíase falar máis galego, pero se te educan falando en castelán é algo máis dificil.Habería que concenciar á xente.
ResponderEliminarO vídeo está moi ben feito e é bonito.
Encantáme o vídeo, considero a eses nenos moi inicitiavos e galeguistas. Estaría ben que se falara galego en medios públicos: radio, tele, prensa, etc.
ResponderEliminarEu xa sabia de este video tan estupendo (o mirei na TVG)pareceme una estupenda idea de combidar a xente a falar galego; O video esta moi ben realizado e os nenos cantan moi ben;
ResponderEliminarParéceme xenial a idea de que todo un colexio xunto fixéra esta fantástica versión, que por certo parece moi divertida de facer. É unha iniciativa estupenda, porque considero que coma din no video, temos unha lingua propia xa útilizada dende hai moito tempo e deberiamos utilizala moito máis, porque é importante, porque é a nosa lingua.
ResponderEliminarPd: non sería mala idea que nós fixeramos un video coma este :)
Paréceme moi ben este vídeo porque xa quedan poucos rapaces que falen galego na súa vida, é dicir, sen cambiar a outra lingua para nada, aínda que nos últimos anos isto paréceme que empezou a mudar un pouco, xa que se empezan a oír máis rapaces falando o noso idioma.
ResponderEliminarParéceme moi ben que neste colexio fáganse cousas coma estas que fan ver que aínda que moita xente da nosa comunidade non fala o galego como lingua oral nin escrita, hai outra xente que si que fala o galego e que lle gusta facer ver que o fan.
ResponderEliminarÉ un vídeo que, ademais de entreter e divertir, defendo o galego, paréceme moi ben que a xene faga este tipo de cousas polo noso idioma, que xa lle gustaría a moitas comunidades autónomas ter unha lingua oficial súa e de ninugún outro sitio máis.
Deberiamos todos e todas coller exemplo de estes rapaces e rapazas que sacan a relucir do noso interior ese sentimento de orgullo da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa terra. Unha magnífica idea, un bo proxecto, deberían tomar nota o resto de centros de ensinanza, inclusive o noso.
ResponderEliminarDe Anabel
ResponderEliminarO video estivo xenial , que todos participasen dende os nenos mais pequenos ata os mais maiores e xe divertisen, fan que a música e as súas voces cheguen a todo o mundo a alma.
Gustoume moito este vídeo xa que,era animado e interactivo,a parte que mais me gustou foi a primera cos neniños pequenos,esta moi ben representado que dende os mais pequenos ata os mais maiores deben falar galego igual,esta moi ben feita a montaxe e todo.A verdade e que gustoume.
ResponderEliminarGustoume moito porque é moi divertido e aparte expón a nosa lingua como algo que nos gusta e a compara co pan que é algo que nos gusta e que está moi rico.
ResponderEliminarDeberíamos aprender destes rapazes e defender a nosa lingua como o fan eles.
Estou dacordo co video, setemos unha lingua propia temola que usar para todo.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEstubo moi divertido,e a nosa lingua temos que usala para todo canto poidamos.
ResponderEliminarEste vídeo está moi divertido e está moi ben exposta a idea de utilizar máis a nosa lingua.Aínda que haxa persoas que teñan o gusto contrario,e que debemos respetalas.
ResponderEliminar